Novidades
14 novidades editoriais dispoñibles
 |
 |  |
Laura no deserto Riveiro Coello, Antón
Compostela, Barcelona, Europa durante a Segunda Guerra Mundial, Nova York a fins do século XX, son os escenarios dunha obra narrativa que ergue un sólido universo e entra na alma dos personaxes para nos falar cunha voz intensa sobre a identidade, a culpa, o amor ou a liberdade.
|
 |
|
 |
 |  |
Contos da terra da tarde Iglesias, Bieito
Asuntos de actualidade coma a eutanasia, o racismo, a soidade urbana ou a exclusión dos vellos combínanse con personaxes excéntricas mais ambos e dous, temas e caracteres, abórdanse cunha ollada que revela os seus recantos escuros, eses que ilumina a luz crepuscular baixo a que se coloca este novo conxunto de historias do autor de 'Pan e coitelo'.
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
 |  |
Eu, Jean Gabin Sapienza, Goliarda
Por primeira vez traducida para o galego, a obra de Goliarda Sapienza está a ser descuberta nos últimos anos por lectoras e lectores de toda Europa. Inédita ata a súa publicación en italiano neste 2011 por Einaudi Editore, a novela Eu, Jean Gabin sae na Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, colección que Galaxia tira do prelo coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago.
|
 |
|
|
 |