Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Audiocontos



Galicia. Celula de universalidade


O AUTOR DESTACADO
Miguel Anxo Fernández
Investigador e teórico cinematográfico, está vencellado desde finais dos anos setenta ao desenvolvemento do audiovisual galego, labor polo que se lle concedeu o Premio de Honra Fernando Rey no 2001. No eido da ficción publicou en Galaxia O sabre do francés (2002) e Capitol, última sesión (2004), ademáis da triloxía sobre o detective Frank Soutelo, formada por Un nicho para Marilyn (2002, Premio García Barros), Luar no inferno (2006) e Tres disparos e dous friames (2008).
Galaxia de autores

No catálogo de Galaxia figuran os autores e autoras máis significativos das letras galegas: Ramón Otero Pedrayo, Manuel Antonio, Alfonso R. Castelao, Vicente Risco, Ánxel Fole, Florentino López Cuevillas, Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego… Autores clásicos e autores modernos, pertencentes ás sucesivas xeracións que se incorporaron ao cultivo do idioma durante estas décadas: Celso Emilio Ferreiro, Luís Seoane, Rafael Dieste, Celestino Fernández de la Vega, Domingo García-Sabell, Marino Dónega, Ricardo Carballo Calero, Neira Vilas, Salvador García-Bodaño, Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán, Xohana Torres, Xosé Luis Franco Grande, Xosé Manuel Beiras, Xesús Alonso Montero, Marina Mayoral, Andrés Torres Queiruga, Carlos Casares… A carón deles, Alfredo Conde, Paco Martín, Xavier Alcalá, María Vitoria Moreno, Anxo A. Rei Ballesteros, Alfonso Pexegueiro, Vítor Vaqueiro, Bieito Iglesias, Alberto Avendaño, Manuel Rivas, Antón Riveiro Coello, Miguel Anxo Murado, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Xerardo Quintiá, Xabier López López, Xosé Carlos Caneiro, Xurxo Borrazás…

Índice alfabético

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y
 
EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal